Unha colisión frontal de madrugada deixa unha ferida na Coruña

Ocorreu ao redor das 5.30 da mañá do sábado na estrada que une A Zapateira con Alfonso Molina
Unha colisión frontal saldouse cunha muller ferida esta madrugada na Coruña.
O aviso ao 112 de urxencias lanzouse preto das 5.30 horas da mañá do sábado, logo do sinistro tivese lugar na estrada que une A Zapateira con Alfonso Molina, na cidade herculina.

A muller, a condutora dun dos vehículos implicados, non tivo que ser excarcerada pero si auxiliada no interior do turismo.

Comentarios