Aitana Ocaña, nomeada aos Grammy Latino: "Estou nunha nube"

Alejandro Sanz e Rosalía encabezan os nomeamentos 
Aitana Ocaña. INSTAGRAM
photo_camera Aitana Ocaña. INSTAGRAM

A Academia Latina da Gravación anunciou os nomeados da vixésima Entrega Anual do Latin Grammy, a distinción internacional que celebra a excelencia na música latina e o único galardón á música latina outorgado entre profesionais da música.  Alejandro Sanz e Rosalía encabezan os nomeamentos, pero na lista coouse a extriunfita Aitana Ocaña, que se declarou gratamente sorprendida.

"Estou flipando, non mo estou crendo, grazas de corazón, non se que dicir, estou nunha nube". Así se manifestaba tras saber que foi nomeada na categoría de Mellor Novo Artista xunto a Burning Caravan, Cami, Fer Casillas, Chipi Chacón, Elsa e Elmar, Greeicy, Juan Ingaramo, Paulo Londra e Nella. 

Alejandro Sanz é o máximo favorito para esta vixésima edición dos Latin Grammy ao estar nomeado nun total de oito categorías, incluíndo Álbum do Ano e Mellor Álbum de Pop Vocal Contemporáneo por #ElDisco (Universal Music, 2019). Ademais, dúas das canciónes do álbum, No tengo nada e Mi persona favorita  (con Camila Cabelo), compiten nas categorías de Canción e Gravación do Ano. 

Rosalía segue de cerca a Alejandro Sanz con cinco nomeamentos, dous delas competindo contra o madrileño co seu disco El mal querer nas categorías de Álbum do Ano e Mellor Álbum de Pop Vocal Contemporáneo. 

Comentarios