Anxo Lorenzo, Erentxun, Pontes e Tanxugueiras, en 'Concertos na fin do mundo'

Os faros de Baiona, Muxía, Ribeira e Cervo serán os escenarios dun ciclo que arrincará o 21 de agosto e finalizará o 10 de setembro
Presentación del ciclo 'Concertos na fin do mundo' en Baiona. XUNTA DE GALICIA
photo_camera Presentación do ciclo 'Concertos na fin do mundo' en Baiona. XUNTA DE GALICIA

O gaiteiro Anxo, Mikel Erentxun, Tanxugueiras e Dulce Pontes son algunhas das estrelas que estarán nos Concertos na fin do mundo, unha proposta musical promovida pola Xunta, enmarcada no Xacobeo e que invita a experiencias únicas nos faros galegos.

Os faros de Baiona, Muxía, Ribeira e Cervo serán os escenarios duns concertos que arrincarán o 21 de agosto e finalizarán o 10 de setembro. Estarán dirixidos a grupos reducidos, que poderán ser de 100 a 250 persoas dependendo das características do faro e do seu nivel de ocupación para, dese modo, cumprir coas esixencias sanitarias derivadas da covid-19.

O vicepresidente primeiro do Goberno galego, Alfonso Rueda, presentou este luns os Concertos na fin do mundo no Cabo Silleiro en Baiona, punto estratéxico do Camiño Portugués da Costa, así como un dos itinerarios xacobeos que máis está a crecer.

Comentarios