O autor da obra 'Presos políticos' volve a Arco cun ninot do Rei

O comprador, por contrato, deberá queimar a obra, que custa 200.000 euros, nun acto público
 

El ninot de Felipe VI de Santiago Sierra SABELA LLERENA ESTUDIO SANTIAGO SIERRA
photo_camera O ninot de Felipe VI de Santiago Sierra. SABELA LLERENA ESTUDO SANTIAGO SIERRA

Santiago Sierra, o autor de Presos políticos na España Contemporánea, que a súa galerista tivo que retirar da pasada edición de Arco, leva á edición deste ano, que comeza este mércores, un ninot de catro metros e medio de alto do rei que quen o compre, por 200.000 euros, deberá queimar.

A directora da galería que o exhibe en Arco, Ida Pisani, explicou a EFE que a obra é un traballo conxunto con Eugenio Merino, o artista que en 2012 exhibiu Forever Franco, unha escultura realista de Francisco Franco metido nunha neveira.

Ninot é unha obra feita con poliuretano, cartón pedra e tea nos talleres valencianos de Manolo Martín, da empresa de fallas MDoble, segundo Pisani.

O boneco, no que se investiu un ano de traballo, está vestido cun traxe escuro de tea, gravata verde, camisa grisácea e zapatos negros e a galerista perfuma periodicamente a escultura coa colonia que, di, "usa sempre" Felipe VI.

O compromiso é que o coleccionista que o compre, e así debe asinalo en contrato cando abone os 200.000 euros, terá que queimalo nun acto público, do que Pisani non deu máis datos. 
 

Comentarios