Banksy leva as súas ratas ao baño para pintar a súa nova obra en tempos de confinamento

Banksy, o enigmático artista da rúa, tamén está confinado e a súa nova obra instalouna no baño da súa propia casa, asaltado polas súas características ratas e con numerosas referencias á crise sanitaria.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

. . My wife hates it when I work from home.

Una publicación compartida de Banksy (@banksy) el

"A miña muller non soporta que traballe desde casa", chancea o artista sobre a obra, que publicou no seu perfil de Instagramna súa web. Nas imaxes publicadas pódese ver un grupo de ratas distribuídas nun baño e ocupadas en distintas actividades.

Mentres unha pinta palotes nunha parede para marcar o paso dos días, outra colle o bote de xabón de mans e outras xogan con rolos de papel de váter ou coa pasta de dentes.

A publicación do artista recibiu máis de 1,8 millóns de gústame en menos dun día.

A súa anterior obra, unha nena cun tirachinas, apareceu nunha rúa de Bristol a mediados de febreiro, pouco antes das medidas de confinamento. 

Comentarios