Benedicta fai historia nos Goya

A actriz do Corgo de 84 anos dixo que entregará a figura a mellor actriz revelación á súa filla por tela levado ao cásting de O que arde

Aos seus 84 anos, a lucense Benedicta Sánchez conseguiu este sábado o Goya, os premios que concede a Academia de Cine, á mellor actriz revelación polo seu papel na película O que arde de Oliver Laxe e emocionou ao público cunha sinxeleza e inocencia desbordantes.

No patio de butacas Benedicta recibiu a noticia con cara case de resignación, pero xa no escenario abrazou o Goya antes de proclamar: "A vida dáche sorpresas e esta é unha moi grande na miña longa existencia".

A actriz agradeceu o premio aos seus pais, á súa filla que a levou ao cásting para a película, e a Oliver Laxe e o seu equipo: "Non creo que haxa princesa á que traten como a min". Finalmente dedicou o Goya a Galicia, "a miña terra meiga". Pediu aos seus netos, Adrián e Pau, "que non se esquezan da yaya, que os quere moito".

Benedicta explicou tras recoller o premio que non o esperaba e engadiu, sobre que supón gañar o Goya: "É coma se un mísil me mandase á lúa".

"Pero Deus meu, se non fixen nada, repítoo, non salvei ningunha vida", dixo a intérprete, que asegurou que o lugar elixido para colocar a súa figura é a casa da súa filla, Emma Karina Sánchez, que se fará cargo do bebé". Agradécelle que a levase ao cásting do filme.

[O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e Benedicta en Málaga. EP]
El conselleiro de Cultura, Román Rodriguez, y Benedicta Sánchez, en Málaga. EP

Benedicta Sánchez recordou que na súa mocidade foi fotógrafa e riu cando os xornalistas eloxiaron o guapa que estaba. "Será que están a ver ben vostedes?"

Nacida no Corgo, en 1935, Benedicta dedicouse durante anos á fotografía, pero ata O que arde nunca se puxo diante da cámara. Foi unha casualidade: a súa filla levouna a un cásting en Navia de Suarna, no que buscaban unha muller maior de 60 anos para interpretar á nai dun pirómano que regresaba a vivir con ela tras saír de prisión.

O que arde venceu tamén en dirección de fotografía para Mauro Herce.

GLORIA. A gran vencedora da noite foi Dolor y gloria, de Pedro Almodóvar, con los premios Goya a mellor película, mellor dirección para Almodóvar, mellor actor protagonista Antonio Banderas, guión orixinal para o director, música orixinal para Alberto Iglesias, mellor actriz de repartición para Julieta Serrano e mellor montaxe para Teresa Font,

Belén Custa agradeceu o seu galardón como mellor actriz protagonista aos directores de La frontera infinita "por darme o papel da miña vida".

As fillas de Pepa Flores Marisol, Maria Esteve, Tamara Gades e Celia Flores, recolleron o Goya de Honra en nome da súa nai. Ante un auditorio en pé, primeiro Celia, que interpretara a canción Estando contigo, á que se uniu logo María e máis tarde unha emocionadísima Tamara, recibiron de mans de Emilio Gutiérrez Caba un premio que recoñecía unha carreira de enorme éxito.

Comentarios