Brad Pitt producirá unha película sobre o escándalo de Harvey Weinstein

O filme narrará a historia das reporteiras de The New York Times que destaparon o caso

 

Brad Pitt. AEP
photo_camera Brad Pitt. AEP

Brad Pitt producirá unha película baseada no traballo que realizaron as xornalistas Jodi Kantor e Megan Twohey para destapar o escándalo sexual de Harvey Weinstein, produtor de cine acusado de acosar decenas  de mulleres durante décadas.

Segundo confirmou a web Deadline, o filme narrará a historia das reporteiras de The New York Times, que indagaron na historia e cuxa investigación lles valeu un premio Pulitzer.

A película será producida por Plan B, propiedade do actor de O Club da loita.

Con esta produción, Pitt venga ao magnate que acosou a varias das súas exparellas. Son os casos de Gwyneth Paltrow e Angelina Jolie.

Comentarios