domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

O comentario de David Broncano sobre unha noticia desta web

David Broncano, comentando la noticia de Galiciaé. LA RESISTENCIA
David Broncano, comentando a noticia de Galiciaé. A RESISTENCIA

O presentador fíxose eco en La Resistencia dunha información da xornalista de El Progreso e Diario de Pontevedra Olaia Tubío

"Os galegos reproducíronse durante anos nun radio de 10 quilómetros". Ese é o titular dunha noticia asinada pola xornalista de El Progreso e Diario de Pontevedra Olaia Tubío Rei que este luns saltou da web de Galiciaé —a plataforma dixital do grupo xornalístico— a La Resistencia.

O presentador do espazo de Movistar+, David Broncano, fíxose eco desta información sobre o primeiro mapa xenético da península Ibérica ao comezo do programa, durante o seu habitual monólogo. "Segundo isto, os nazis estiveron equivocados sempre e o da raza aria era un conto. Con esta noticia demóstrase que no mundo só hai ou galegos ou mestizos", chanceou.

Ademais, o programa compartiu o vídeo en Twitter, onde xa acumula máis de 900 gústame. "Se os teus pais son galegos, ata cabos", reza o tuit.

La Resistencia é un dos programas de moda, a día de hoxe, na televisión española. Un espazo de humor que intercala monólogos e seccións dos seus colaboradores con entrevistas a personaxes de actualidade, artistas, deportistas ou políticos.

O comentario de David Broncano sobre unha noticia desta web
comentarios