Cancelados os concertos do Maestral Music Festival de Sanxenxo

As actuacións previstas suspéndense por motivos "alleos á organización, e insalvables"
A actuación de Pablo López é unha das afectadas pola cancelación. ANDREU DALMAU (EFE)
photo_camera A actuación de Pablo López é unha das afectadas pola cancelación. ANDREU DALMAU (EFE)

Os concertos programados no marco do Maestral Music Festival de Sanxenxo foron cancelados este venres "por motivos alleos á organización do festival, e insalvables", apuntan nun comunicado. 

A "dolorosa decisión", apuntan os organizadores, afecta aos artistas e bandas Luar na Lubre, Alfred García, God Save The Queen, Vanesa Martín, Pastora Soler e Pablo López, a quen piden desculpas.

"Os afectados por esta decisión poderán reclamar o importe das súas entradas a través de Ataquilla.com, salvo no caso dos palcos adquiridos de forma directa coa empresa promotora, que fará a devolución íntegra dos importes recibidos dos seus compradores en canto lle sexa posible", explica a organización.

Comentarios