Chenoa e Sidecars actuarán no entroido de Vigo

Os concertos serán gratuítos

Chenoa, en una imagen promocional. ADP
photo_camera Chenoa, nunha imaxe promocional. ADP

Chenoa e Sidecars serán os encargados de dar o pistoletazo de saída ao entroido de Vigo con dous concertos gratuítos.

A extriunfita abrirá o programa do entroido vigués cunha actuación o día 1 ás 20.30 horas na Porta do Sol, mentres que o grupo de rock soará ao día seguinte, na mesma localización, pero ás 22.00 horas.

Logo de tres anos do lanzamento do seu último álbum, Chenoa volve cun single que é toda unha declaración de intencións: A mi manera.

Pola súa banda, os madrileños Sidecars ofrecerán na cidade olívica o pop-rock do seu último traballo, Cuestión de gravedad, logo dunha xira de inverno con case medio centenar de concertos por toda España.

Comentarios