Ignacio Vilar, director, Desde a Casa

"Yo, Claudio' é unha serie pensada para televisión e non para cinema"

Ignacio Vilar
photo_camera Ignacio Vilar

→ Unha película
Sempre Xonxa. É a primeira longametraxe do cinema galego. "Facer cine galego é posible, facelo en galego é necesario", Chano Piñeiro.

→ Unha serie
Yo, Claudio é unha obra mestra. Unha serie pensada e rodada para televisión. Atoparon a esencia do formato televisivo, non como a maioría das series que pensan e rodan como se fose para cine.

→ Un libro
Residencia privilexiada é a autobiografía de María Casares, unha das actrices máis importantes do século XX. Coñecer a súa vida e coñecernos máis cada un de nós, galegas e galegos.

→ Un disco
A música de Abraham Cupeiro é escoitar os sons esquecidos dos nosos devanceiros, é unha introspección as profundidades de cada quen.

→ Unha alternativa (cómic, videjuego...)
As fotos de Virxilio Vietez tráennos á memoria os retratos dunha vida, dun tempo que pode deterse nunha foto.

Comentarios