Falece a actriz Pilar Pereira, referente do teatro galego

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) transmite a súa pesar pola morte dunha das súas "compañeiras máis veteranas" 
 
Pilar Pereira. CEDIDA
photo_camera Pilar Pereira. CEDIDA

A actriz Pilar Pereira (Santiago de Compostela, 1937), referente do teatro e do audiovisual galego, faleceu este venres, segundo informou a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). 

A asociación, que reúne a gran parte da profesión de interpretación e da dirección de escena, destacou que Pilar Pereira "trazou unha traxectoria vital e profesional digna de toda a admiración"

"Tanto nós, compañeiros e compañeiras do teatro, como o público botaremos de menos a unha figura imprescindible da nosa escena", sinalou a directiva da asociación, que lembra que Pilar Pereira foi galardoada en 2013 co Premio de Honra Marisa Soto na gala de Teatro María Casares

Pilar Pereira posúe unha das carreiras máis amplas da escena galega tanto no audiovisual como no teatro. Así, durante máis de seis décadas, a actriz desenvolveu o seu traballo en Galicia, España, Francia, Bélxica e América Latina. 

No cinema, mantivo unha fructífra relación profesional co cineasta Xavier Bermúdez, co que realizou películas como Rafael, Nena ou León y Olvido

Entre outras accións, creou unha compañía teatral que levaba o seu nome e coa que realizou diversos espectáculos escritos por ela mesma como Un lunar vermello con pinguiñas azuis, que foi dirixido por Quico Cadaval. Ademais, traballou con Sarabela Teatro, Compañía Marías, Factoría Teatro, Teatro do Atlántico ou Teatro do Morcego. 

No cinema, mantivo unha fructífra relación profesional co cineasta Xavier Bermúdez, co que realizou películas como Rafael, Nena ou León y Olvido. Na televisión tivo papeis regulares en series populares como Mareas Vivas ou Rías Baixas. A nivel estatal, participou con personaxes episódicos en Manos a la obra e Hospital Central

Comentarios