martes. 27.10.2020 |
El tiempo
martes. 27.10.2020
El tiempo

Falece Luna, a cadela de Amador Arias en 'O que arde' e na vida real

Luna. TWITTER (@O_Que_Arde)
Luna. TWITTER (@O_Que_Arde)
O actor fonsagradino lamentou a perda: "Foi un talismán. Casi 15 anos connosco"

Luna, a cadela de Amador Arias na vida real e que tamén participou no filme O que arde, faleceu este domingo, segundo informou o protagonista da cinta dirixida por Oliver Laxe en redes sociais.

"Luna marchou. Só tiña unha. Foi un talismán. Casi 15 anos connosco", escribiu o actor fonsagradino nunha publicación en Facebook na que informou do falecemento da cadela.

Luna marchou Só tiña unha Foi un talismán Casi 15 anos connosco Foi a coidadora da miña mai ....... . ..... ...

Posted by Amador Arias on Luns, 12 de outubro de 2020

Amador Arias destacou a conexión que existía entre eles. "Tíñamos entre miña mai , ela e eu algo fóra do común. Nas terras da miña mai, Rosario Mon Pérez, descansa, tamén Luna. Bicos mil, e mais mil mil".

As mensaxes de pésame sucedéronse nas redes sociais e foron moitos os que lamentaron o pasamento de Luna, que se fixo coñecida pola súa aparición no premiado filme.

Falece Luna, a cadela de Amador Arias en 'O que arde' e na vida real
comentarios