Famous gaña 'OT' e Sabela queda cuarta

A pontesa obtivo o 12% dos votos do público

Sabela Ramil. YOUTUBE (OPERACIÓN TRIUNFO)
photo_camera Sabela Ramil. YOUTUBE (OPERACIÓN TRIUNFO)

Sabela Ramil quedou en cuarto lugar na final de Operación Triunfo 2018, na que Famous proclamouse gañador.

A galega, que competía con outros catro concursantes por gañar o programa, obtivo o 12% dos votos do público. Pola súa banda, Famous fíxose cun 36% dos apoios, superando só por un punto á segunda clasificada, Alba Reche.

UNHA CANCIÓN EN GALEGO NA FINAL. Para o último programa da edición, Sabela escolleu un tema en galego, Tris tras, de Marful. Foi a terceira vez que a das Pontes cantou na súa lingua natal sobre o escenario de OT, logo de interpretar Benditas feridas e Negro caravel. 
 

A final do famoso consurso viviuse cunha gran expectación nas Pontes, onde centos de persoas congregáronse no auditorio Alovi para seguir a gala e animar a Sabela. 

Comentarios