Actriz e pedagoga teatral

Melania Cruz: "'Os Fenómenos' fala sobre o capitalismo en tempos de crise"

Melania Cruz. EFE
photo_camera Melania Cruz. EFE

→ Unha película
Os fenómenos, de Alfonso Zarauza. Trata sobre a burbulla inmobiliaria e a especulación, sobre como facerse respectar por méritos propios nun mundo tradicionalmente masculino, e retrata como operan os mecanismos capitalistas nun momento de crise. A dirección e interpretación son soberbias.

→ Unha serie
Utopía. O traballo global é impecable, está todo no seu sitio. Unha mentira interesante de suspense e conspiración acorde aos tempos.

→ Un libro
Cráter, de Olga Novo. Léoa dende os 15 anos tras asistir a un recital seu. É unha poesía fonda, madura, efervescente, telúrica, conectada co rural galego.

→ Un disco
Horses, de Patti Smith. Admiro a esta muller como compositora, cantante, escritora, activista...

→ Outra alternativa
Los surcos del azar, de Paco Roca. Regaláronmo de xeito inesperado. Fala de preservar a memoria e de ofrecer unha parte da nosa historia que non nos contaron.

Comentarios