O Festival de Cans volve aprazar a setembro a súa edición de 2021 

Nos próximos días a organización comunicará as datas estipuladas para o envío de obras a concurso e os prazos marcados
Benedicta Sánchez, coa súa estrela na pasada edición do Festival de Cans. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Benedicta Sánchez, coa súa estrela na pasada edición do Festival de Cans. SALVADOR SAS (EFE)

A asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, decidiu que a XVIII edición desta cita aprácese, como ocorreu o ano pasado, ata primeira semana do mes de setembro, en lugar de regresar ás tradicionais datas en marzo.

En concreto, decidiuse que a cita se celebre entre o mércores 1 e o sábado 4 de setembro para "actuar con prudencia" e ter en conta a evolución da pandemia mentres avanza o proceso de vacinación. O pasado ano, ao redor de 3.000 persoas pasaron por Cans no mes de setembro, para participar en todas as actividades do festival, realizado con estritas medidas de seguridade e de máxima hixiene sanitaria, seguindo todas as normas de distanciamento. O festival optou tamén por vías seguras e alternativas á presenza física, como a retransmisión en streaming das principais actividades. 

Ademais, incidiuse en medidas como trazar un "escudo protector" sobre as persoas maiores da aldea e diminuír tamén o número de 'jalpóns', xunto cunha redución do aforamento. Incluso nestas circunstancias excepcionais, o festival discorreu "con total normalidade", apuntan os organizadores. 

Tendo en conta isto, nos próximos días, o festival comunicará as datas estipuladas para o envío de obras a concurso e os prazos marcados. 

Comentarios