O Festival da Luz incluirá un concerto da súa anfitrioa Luz Casal

O evento, con máis de medio cento de actuacións, celebrarase entre o 6 e 8 de setembro en Boimorto
Luz Casal. AEP
photo_camera Luz Casal. AEP

O Festival da Luz, que se celebrará os días 6,7 e 8 de setembro no municipio coruñés de Boimorto, acollerá nunha das súas edicións máis especiais un concerto da súa anfitrioa, Luz Casal, na xornada do sábado.

Así o anunciaron este martes nunha rolda de prensa na Coruña o director do Festival, Paco Pérez Bryan e o produtor, Farruco Castromán, que tamén comunicaron que a recadación deste ano destinarase ás asociacións Asanog e Anxiños.

Así mesmo, confirmaron o resto do cartel que aínda non vira a luz, cos nomes de Rayden, Dead Combo, Lemot, Boyanka Kostova, Las Antonias, Lora, Os Liantes y Traspés. Súmanse aos artistas que xa foran confirmados: Celtas Cortos, Cepeda, Mikel Erentxun, Orquesta Mondragón, Amparanoia e moitos máis.

As entradas están a piques de acabarse para estes tres días con máis de 50 actuacións e actividades para todos os públicos

O festival, con actividades para todos os públicos, contará un ano máis con zona infantil con actuacións, ademais de talleres, inchables, xogos populares e actividades en todo o mercado.

No seu sexto ano consecutivo como patrocinador no Festival da Luz, Mahou aposta por programar o Gastroespacio Mahou con showcookings de coñecidos nomes da gastronomía galega e asturiana que compartirán co público algunhas das claves e segredos da súa cociña.

Ademais, co fin de continuar potenciando e promocionando o medio rural galego, CaixaBank e o Festival da Luz impulsaron o concurso de CaixaBank Rural Emprende, que premiará cunha dotación económica de 5.000, 3.000 e 1.000 euros —segundo a categoría na que se presenten, proxectos en marcha que implementen o medio rural no seu negocio. O prazo de presentación para este certame permanecerá aberto ata o 18 de outubro.

Comentarios