O galego Manuel Mata Piñeiro resultou gañador do XIX Premio Gloria Fuertes de Poesía Joven co seu libro El buen salvaje, o seu primeiro poemario.
Así o determinou un xurado composto por Ana Rosetti, Javier Lostalé e Marta Porpetta, que tomou a decisión por unanimidade. O libro será publicado na colección Gloria Fuertes de Edicións Torremozas.
Manuel Mata Piñeiro naceu en Vilagarcía de Arousa en 1992, estudou Belas Artes e especializouse en arte contemporáneo. Na actualidade desenvolve na Universidade de Vigo a súa tese doutoral, centrada nos límites entre a literatura e os demais campos artísticos.