Gonzalo Hermo gaña o premio Narrativa Breve Repsol por Diario dun enterro, a súa primeira novela. O xurado destacou a súa sinxeleza estrutural, o equilibrio fondo-forma e a veracidade dos diálogos.
O fallo foi dado a coñecer por Berta Dávila, portavoz do xurado, nun acto que tivo lugar na Coruña.
O XIII Premio de Narrativa está dotado con 12.000 euros e a publicación da novela por Galaxia. Nado en Taragoña hai 32 anos, Hermo é licenciado en Filoloxía Galega e doutor en Lingüística Galega. Entre outros premios, gañou o Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández.