Imagine Dragons fará parada no Monte do Gozo de Santiago na súa xira mundial

Visitarán a capital galega o próximo 11 de xullo
Imagine Dragons. EFE
photo_camera Imagine Dragons. EFE

O Monte do Gozo de Santiago de Compostela será unha das paradas da nova xira mundial da banda estadounidense Imagine Dragons, que visitará a capital galega o próximo 11 de xullo.

A de Santiago é ata o momento unha das dúas únicas citas confirmadas en España do grupo de Texas, que actuará días antes de chegar a Galicia en dous dos festivais máis potentes da península: o Mad Cool de Madrid (7 de xullo) e o NOS Alive de Lisboa (9 de xullo).

Así, o Monte de Gozo, escenario de grandes eventos na capital galega, acollerá un dos 20 concertos previstos ata a data no paso por Europa do Mercury Tour, a xira mundial de presentación do último traballo da banda texana, Mercury - Act 1.

A preventa de entradas para o evento quedará aberta a partir das 10.00 horas deste xoves nas páxinas web de Live Nation e Ticketmaster. O prezo de saída serán 57 euros máis gastos de distribución.

Comentarios