Julián Hernández, de Siniestro Total, invita a quedar "na casa" en múltiples idiomas

O músico e cantante protagoniza un divertido vídeo para animar aos cidadáns confinados a permanecer nos seus fogares

O músico e cantante Julián Hernández publicou un divertido vídeo para animar á cidadanía a cumprir coas restricións de mobilidade impostas tras a declaración do estado de alarma. "Aquí co vello fodido blues políglota ás ordes do Concello de Cambre", escribe o  fundador e líder do grupo Sinistro Total para contextualizar a gravación na que, recorrendo a múltiples idiomas para saltarse calquera barreira lingüística que puidese obstaculizar a súa mensaxe, insta a todos a permanecer confinados nos seus fogares: #QuedadeNaCasa. 

"Se nolo pide así é imposible non facerlle caso, non si?", engade o consistorio coruñés ao difundir o vídeo nas súas redes sociais.
 

Comentarios