Oliver Laxe competirá en Cannes co seu filme gravado nos Ancares

A película do cineasta con raíces galegas competirá na sección Unha Certa Mirada

Oliver Laxe. J.VÁZQUEZ
photo_camera Oliver Laxe. J.VÁZQUEZ

O cineasta galego Oliver Laxe competirá na sección dunha Certa Mirada, segunda en importancia do Festival de Cannes, coa película Aquilo que ardegravada nos Ancares

Así o anunciou este xoves a organización do certame, no que tamén competirán os españois Pedro Almodóvar e Albert Serra. A 72 edición do Festival de Cannes contará ademais cos brasileiros Kleber Mendonça Filho, Juliano Dornelles e Karim Aïnoux, e o arxentino Juan Solanas.

Dor e Gloria, de Almodóvar, foi unha das primeiras películas destacadas dentro da competición oficial do certame, onde tratará de facerse coa Palma de Ouro, que lle foi esquiva ata agora nas súas cinco participacións anteriores, con Todo sobre mi madre (1999), Volver (2006), Los abrazos rotos (2009), La piel que habito (2011) e Julieta, (2016).

Antonio Banderas protagoniza unha historia con tinguiduras autobiográficas do director español na que participan Asier Etxeandía, Penélope Cruz ou Leonardo Sbaraglia.

Mentres que na selección dunha certa mirada, a segunda en importancia do festival, participarán Albert Serra e Oliver Laxe. Serra farao con Liberté, un filme rodado en alemán, francés e italiano, que se desenvolve na Francia de finais do XVIII e que conta na súa repartición con Ingrid Caven e Helmut Berger.

Aquilo que arde é a proposta de Laxe, que rodou en Galicia unha historia sobre os incendios con moito de documental. Son dous cineastas que xa participaron en Cannes. O catalán Serra presentou, en sesión especial A mort de Louis XIV habituais en Cannes hai tres anos e o franco galego Laxe levou os seus dous filmes anteriores ao certame da costa azul.

Todos vós sodes capitáns levou o premio da crítica internacional en 2010 e Mimosas gañou o da Semana da Crítica en 2016.

Comentarios