jueves. 20.01.2022 |
El tiempo
jueves. 20.01.2022
El tiempo

Luís Celeiro presenta a tradución ao italiano do seu libro 'Elías Valiña, valedor do Camiño'

Presentación de la edición en italiano del libro 'Elías Valiña, valedor do Camiño (1959-1989)'. PEPE FERRÍN (AGN)
Presentación en Santiago da edición en italiano do libro. PEPE FERRÍN (AGN)

O proyecto foi levado a cabo pola Universidade de Cagliari

O Museo das Peregrinacións de Santiago acolleu este martes a presentación da edición en italiano do libro Elías Valiña, valedor do Camiño (1959-1989), do xornalista samonense Luís Celeiro, sobre a vida e obra do chamado Cura do Cebreiro.

A tradución, que leva por título Elías Valiña, il paladino del Cammino, foi realizada cun proxecto da Univerdade de Cagliari, dirixido por Daniela Zizi.

Ademais, esta versión reactualiza a obra ligándoo coa trascendencia do Camino en Italia, así como co culto que existe na isla de Cerdeña ao Apóstolo Santiago. 

Esta edición presentarase este mércores na igrexa do Cebreiro, a partir das 11.45 horas, coa presenza de once alumnos italianos de Traduzione Specialistica dei Testi, que tamén visitarán Samos e Triacastela.

Luís Celeiro presenta a tradución ao italiano do seu libro 'Elías...
comentarios