Manuel Campo Vidal gaña o Premio Puro Cora que concede o Grupo El Progreso

O xurado quixo premiar ao xornalista oscense polo &seu quot;equilibrio, obxectividade e moderación" e a súa traxectoria profesional

Manuel Campo Vidal. JAVIER CEBOLLADA (EFE)
photo_camera Manuel Campo Vidal. JAVIER CEBOLLADA (EFE)

O xornalista Manuel Campo Vidal foi elixido este venres gañador da vixésimo quinta edición do Premio Puro Cora, que organiza o Grupo El Progreso.

Campo Vidal (Camporrells-Huesca, 1951) é un dos comunicadores con máis prestixio do país e o actual presidente da Academia de Televisión, un medio ao que estivo vinculado moitos anos desde que empezou presentando o Telexornal e no que moderou algúns dos máis relevantes debates políticos entre candidatos a presidir o Goberno.

O xurado quixo premiar o "equilibro, obxectividade e moderación" de Campo Vidal, así como a súa longa e brillante traxectoria profesional.

O veterano xornalista, que está casado coa comunicadora galega María Rey, sucede como gañador do Premio Puro Cora ao historiador Ramón Villares, que este venres formou parte do xurado xunto con Blanca García Montenegro (presidenta), José de Cora (secretario), Lois Caeiro, Miguel Ángel Rodríguez, Pedro Pérez e Alfonso Riveiro.

Comentarios