sábado. 24.08.2019 |
El tiempo
sábado. 24.08.2019
El tiempo

María Solinha, do cineasta Ignacio Vilar, rodarase en Redondela, Cangas e a illa de Toralla

Vía Láctea Films inicia a rodaxe de María Solinha. AGADIC
Vía Láctea Films inicia a rodaxe de María Solinha. AGADIC
La presidenta de la Diputación, Carmela Silva, ha apostado por convertir la provincia en un "plató de cine", para impulsar la "creatividad" y el "talento" de Pontevedra y de Galicia.

As localidades de Redondela e Cangas, e a viguesa illa de Toralla serán os escenarios da rodaxe da película María Solinha, producida por Vía Láctea Filmes e dirixida polo cineasta Ignacio Vilar.

O propio director, acompañado polo responsable da Agadic, Jacobo Sutil; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; e as actrices Grial Montes e Laura Míguez, presentou este martes o inicio da rodaxe do filme, que terá lugar entre o 19 de agosto e o 20 de setembro.

Esta película, que conta con financiamento da Agadic e da Deputación de Pontevedra, relata a historia dun director de teatro que chega a Cangas para reconstruír a lenda de María Solinha, unha viúva rica do século XVII que foi acusada pola Inquisición de practicar a bruxería.

Jacobo Sutil recordou que este filme é un dos traballos que lograron subvención na convocatoria de axudas da Agadic, dentro da modalidade de longametraxes de ficción, de autoría galega e que contribúan a resaltar a diversidade cinematográfica de Galicia. Así mesmo, puxo en valor a "oportunidade" que Ignacio Vilar ofrece en cada novo proxecto ás novas xeracións de intérpretes galegos, como o caso de Graal Montes e Laura Míguez, que encabezan un elenco no que tamén estarán Mabel Rivera, Antonio Durán 'Morris', Afonso Agra ou Mela Casal, entre outros.

Carmela Silva fixo fincapé na figura de María Solinha, unha muller "perseguida e violentada" por unha sociedade patriarcal, do mesmo xeito que outras mulleres que, ao longo da historia, sufriron discriminación por querer "ser independentes, por ter riqueza que o patriarcado non asumía que estivese en mans femininas".

María Solinha, do cineasta Ignacio Vilar, rodarase en Redondela,...
Comentarios