viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

Mercedes Peón e Baiuca encabezan o cartel do SacraFestival

Actuación de Mercedes Peón. XESÚS PONTE
Actuación de Mercedes Peón. XESÚS PONTE

A cita celebrarase entre os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño en Chantada e O Saviñao

A III Edición do SacraFestival, a cita que aúna gastronomía, enoloxía, música, danza, cine e formación de novos talentos –con residencias artísticas e talleres formativos– na Ribeira Sacra, celebrarase entre os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño en Chantada e O Saviñao, cun cartel que encabezan na parte musical Mercedes Peón e Baiuca.

Esta nova edición do SacraFestival foi presentada este mércores pola deputada provincial de Cultura, Pilar García Porto, acompañada polos organizadores do festival e as autoridades locais no Club Náutico Fluvial de Belesar, no municipio do Saviñao.

Presentación do Sacra Festival. EP

Este festival conta cun programa variado no que se inclúen proxeccións, espectáculos de danza, rutas, catas de viño e concertos como os que ofrecerán Mercedes Peón ou o músico electropop Baiuca.

En total, o programa do festival suma 15 actividades diferentes, distribuídas por diferentes puntos dos municipios de Chantada e O Saviñao, ademais de mostrar "un compromiso coa sustentabilidade mediante a integración das actuacións nos espazos xa existentes", dixo García Porto.

"A cultura non poden ser só as grandes citas nos grandes centros culturais. Con pequenas accións, feitas con agarimo e coidado, como é este festival, conseguiremos pór en valor todo o que somos e todo o que podemos ofrecer desde calquera recuncho da nosa provincia", engadiu a deputada provincial.

Ademais, destacou que "a paisaxe é un dos grandes reclamos turísticos desta comarca, cun potencial que o goberno da Deputación" sempre "apreciou e quixo potenciar".

Mercedes Peón e Baiuca encabezan o cartel do SacraFestival
Comentarios