Mick Jagger someterase a unha cirurxía de corazón esta semana

The Rolling Stones suspende a súa xira por EE UU e Canadá pola enfermidade do líder da banda

Mick Jagger. INSTAGRAM
photo_camera Mick Jagger. INSTAGRAM

O líder de The Rolling Stones, Mick Jagger, someterase a unha cirurxía de corazón esta semana en Nova York, segundo informou a web Drudge Report. A noticia chega xusto despois de que a formación británica anunciase a suspensión dos concertos en Norteamérica da súa xira No Filter debido a que Jagger necesita un "tratamento médico" que non especificou.

Segundo a web, que non identifica as súas fontes, Jagger operarase para substituír unha válvula cardíaca. Se espera que o músico se recupere por completo e regrese aos escenarios no verán.

Outras fontes aseguraron á web Page Six, do diario The New York Post, que a intervención cirúrxica requirirá a implantación dun "stent", un elemento metálico que resolve a obstrución brusca nas arterias coronarias. "Pode volver traballar en cuestión de semanas", indicou unha fonte á publicación.

Jagger lamentou en Twitter a súa indisposición e dixo aos seus seguidores: "Odio decepcionarvos deste xeito"

No comunicado, a banda explicou que os doutores de Jagger, de 75 anos, indicáronlle que debía tratarse e non podía saír de xira "neste momento", aínda que esperan que se recupere totalmente" da súa doenza. 

Pola súa banda, Jagger lamentou en Twitter a súa indisposición e dixo aos seus seguidores: "Odio decepcionarvos deste xeito". "Estou abatido por ter que pospor a xira, pero me esforzarei moito para volver ao escenario. Unha vez máis, enormes desculpas para todo o mundo", escribiu.

Comentarios