Miércoles. 23.01.2019 |
El tiempo
Miércoles. 23.01.2019
El tiempo

Morre o actor e dramaturgo Manuel Veiga aos 54 anos

Manuel Veiga. @AADPC
Manuel Veiga. @AADPC

Interveu en diversas series televisivas como La República, Gavilanes, 23 F, el día más difícil del Rey, Hospital Central e El Comisario, entre outras

O actor e dramaturgo Manuel Veiga morreu aos 54 anos, segundo informou a Associació d'Actors i Directors Professionals de Catalunya (AADPC) nun tuit no que lamentou a súa perda. 

Veiga (Barcelona, 1964) era licenciado en Arte Dramático polo Institut do Teatre de Barcelona, e interveu en diversas series televisivas como La República, Gavilanes, 23 F, el día más difícil del Rey, Hospital Central e El Comisario, entre outras. 

 

En cine, traballou con directores como José Luis Cuerda (La educación de las hadas), Rosa Vergés (Tic-tac) e Ventura Pons (La rubia del bar), entre outros cineastas. A maioría dos seus traballos teatrais realizounos no Teatre Nacional de Catalunya (TNC), e traballou baixo a dirección de Sergi Belbel, Ramón Simó, Rafel Durán, Jordi Casanovas, Joan Castells, Victor Álvaro, Ricard Salvat, Jaume Melendres e Esteve Polls. 

O cadáver de Veiga será trasladado ao Tanatorio Sancho d'Àvila, e a cerimonia de despedida terá lugar ás 10.30 horas do xoves no mesmo lugar. 

Morre o actor e dramaturgo Manuel Veiga aos 54 anos
Comentarios