O músico Kepa Junkera, ingresado en Bélxica por un ictus

O artista bilbaíno tivo que anular os concertos que tiña previsto ofrecer a fin de semana en Izegem, Bruxelas e Anveres

Kepa Junquera. EP
photo_camera Kepa Junquera. EP

O músico español Kepa Junkera atópase hospitalizado en Bélxica, onde foi ingresado e operado tras sufrir un ictus, confirmaron a Efe fontes da contorna do artista bilbaíno. "Está a mellorar aos poucos", sinalaron as fontes, que engadiron que proximamente difundirán unha nota de prensa cun balance do seu estado de saúde.

Junkera (Bilbao, 1965) sentiuse indisposto a semana pasada, polo que foi ingresado e operado de urxencia e tivo que anular os concertos que tiña previsto ofrecer o fin de semana en Izegem, Bruxelas e Anveres (Bélxica) con dous artistas do grupo Sorginak. O próximo día 14 tiña programado actuar en Derio e o 15 en Vitoria.

O compositor e mestre da 'trikitixa', un pequeno acordeón de orixe italiana, presentou o pasado 30 de outubro o seu disco FOK, inspirado na música popular catalá, valenciana, balear e sarda. 

Comentarios