Nicky Jam actuará en xullo en Cambados na Festa do Albariño

As 5.000 entradas para o concerto na Praza de Fefiñáns poranse o vindeiro venres á venda desde as dez da mañá
Nicky Jam. AEP
photo_camera Nicky Jam. AEP

O cantante estadounidense Nicky Jam actuará o 31 de xullo durante a Festa do Albariño en Cambados. O músico de orixe latina ofrecerá un concerto exclusivo na emblemática Praza de Fefiñáns e poderanse á venda 5.000 entradas.

É a primeira actuación confirmada polo Concello de Cambados para a próxima Festa do Albariño e as entradas poderán adquirirse desde o vindeiro venres ás dez da mañá a través da plataforma www.ataquilla.com.

As primeiras 1.000 entradas sairán cun prezo reducido de 25 euros máis gastos e as seguintes serán a 45 euros máis gastos ata completar aforamento.

Os mozos con idades comprendidas entre os 16 e 18 anos terán que presentar na entrada do concerto unha autorización dos titores

O ídolo do reguetón chega con novo disco debaixo do brazo, Íntimo, pero no seu haber ten fitos como a canción El Perdón gañadora da mellor canción urbana nos Grammy Latino 2015, ou Live It Up, canción oficial do Mundial de Fútbol 2018 que interpretou xunto con Era Istrefi e Will Smith.

Para poder acceder ao concerto os menores de 16 anos terán que ir acompañados do pai, nai ou titor legal, e aos mozos con idades comprendidas entre os 16 e 18 anos terán que presentar na entrada do concerto unha autorización dos titores que poderán descargar da web do Concello de Cambados. 

Comentarios