Unha nova categoría dos Oscar premiará as películas máis populares

Contémplanse ademais outras novidades como reducir a duración das galas ou adiantar a entrega dos premios

La nueva categoría se estrenará en la próxima gala de los Premios Óscar. TWITTER.jpg_large
photo_camera A Academia introduce numerosos cambios para as próximas galas dos Premios Oscar. TWITTER

Tan só horas despois de reelixir a John Bailey como presidente, a Academia de Artes e Ciencias Cinematográficas de Hollywood anunciou tres importantes cambios que serán clave no futuro dos premios Oscar. Entre eles destaca a inclusión dunha nova categoría para premiar aos filmes máis "populares". 

"Está a deseñarse unha nova categoría ao redor dos logros no cine popular", sinalou a Academia nun correo electrónico enviado aos seus membros este mércores e asinado por propio Bailey e pola directora executiva, Dawn Hudson. Unha decisión coa que os Oscar intentan que as películas máis vistas teñan máis presencia na gala para conectar así máis co público. Algo que xa buscou coa expansión da categoría de Mellor Película en 2009 de cinco a 10 nomeados, pero esta medida non cambiou substancialmente o tipo de filmes nomeados. 

Outra das novidades, que a recado tampouco estará exenta de polémica, é o compromiso de facer unha gala máis atractiva para o público, cun ritmo máis televisivo e que non exceda as tres horas de duración. Para conseguir dito obxectivo os premios dalgunhas das súas 24 categorías, aínda non decididas, serán entregados durante as pausas de publicidade da emisión. 

Ademais, a Academia anunciou a súa intención de adiantar a entrega dos premios. Así, a gala de 2020, que estaba fixada para o 23 de febreiro, terá finalmente lugar o día 9 do mesmo mes. Deste xeito, a que será a 92ª edición dos Oscar será a máis temperá da historia dos premios. 

No seu comunicado, a Academia sinala que estas decisións foron adoptadas logo de escoitar "que cambios e evolucións solicita a comunidade" e aseguran que no futuro "seguirán loitando por facer da gala dos Oscar un elemento relevante nun mundo tan cambiante como o noso". A última gala dos Oscar alcanzou un novo mínimo de audiencia en marzo deste ano. 

Comentarios