Marica Campo, escritora: Desde a Casa

"'Parásitos' é un retrato da alienación inducida das sociedades actuais"

Marica Campo. EP
photo_camera Marica Campo. EP

→ Unha película
Parásitos.  O humor negro e o suspense envolven non só un moi bo retrato da Corea do Sur hoxe, senón tamén de tanta alienación inducida nas sociedades actuais.

→ Unha serie
El Ministerio del Tiempo. É interesante a ficción de viaxar no tempo para impedir que mude a historia.

→ Un libro
Scorpio de Ricardo Carvalho Calero. Aproveitando que se lle dedican as Letras Galegas, é un bo momento para achegármonos a unha novela de estrutura innovadora, polifónica, que ademais da memoria do escritor, é unha crónica da Galiza na República e a Guerra Civil, nomeadamente dos vencidos.

→ Un disco
Meditation de Mischa Maisky ( violonchelo) e Pavel Gililov (piano). Inclúe pezas clásicas moi fermosas.

→ Unha alternativa
A escultura A Santa, de Francisco Asorey. Veu de Uruguai para unha exposición no Gaiás. A muller espida, forte, cargada co xugo, representa a épica do traballo feminino.

Comentarios