Los Planetas, cabeza de cartel do FIV 2019

Súmanse ao cartel desta edición La Sonrisa de Julia, Sidonie DJs e a Banda de Música de Vilalba

Los Planetas. EP
photo_camera Los Planetas. EP

Los Planetas serán cabeza de cartel no FIV de Vilalba, que suma doce edicións. No acto de presentación do evento, que se celebrará os días 26 e 27 de abril, tamén se anunciaron as actuacións de La Sonrisa de Julia, Sidonie DJs e a Banda de Música de Vilalba, que participa no festival fucsia desde 2016.

Estas catro confirmacións súmanse aos nomes de Iván Ferreiro, Dorian, La M.O.D.A., Miss Caffeina, Depedro, Siloé, Marem Ladson e Cheese & Bacon DJs.

Proximamente anunciarase o cartel completo e as entradas por días. Os abonos xa están esgotados.

Comentarios