domingo. 12.07.2020 |
El tiempo
domingo. 12.07.2020
El tiempo

Rábade Paredes: "É posible que entre torre e pazo de Caldaloba haxa un pasadizo"

Xesús Rábade Paredes
Xesús Rábade Paredes
O autor mestura historia e lendas da Terra Chá nun poemario que foi premiado en Cospeito

Xesús Rábade Paredes repartía ás veces o correo polas parroquias de Pino — "poida que a máis grande da Terra Chá"— e Seixas, en Cospeito. Cando tiña 14 ou 15 anos andaba coa carteira de pel cargada de sobres e de recibos «a pé, ou en bicicleta no verán" substituíndo ao pai, que era o carteiro local. Chamáballe a atención o perfil mellado da torre de Caldaloba, polo que medio século máis tarde dedicoulle un poemario.

Caldaloba en terras de Valverde (Alvarellos Editora) valeulle o premio Torre de Caldaloba, que convocou o Concello de Cospeito o ano pasado por vez primeira. Os versos de Rábade Paredes son "a plasmación do mítico" nas terras chairegas, sobre as que "Manuel María ten dito e mesmo escrito que non teñen mitos nin lendas". Unha afirmación que o escritor cospeitense desmente coa rotundidade de apuntar que son "abundantes". O autor advirte de que nos seus poemas "mestúranse datos certos/ coa fantasía de lendas/ lendas que veñen de tempos/ anteriores aos de Cristo/ e seguen nestes momentos".

O poemario galardoado forma parte dun máis amplo no que Rábade Paredes recrea o Reino dos Valuros, "uns seres histórico-míticos dos séculos XV e XVI que eran moi intelixentes e andaban escapando". Ese libro, "que está inédito", está artellado arredor da lagoa de Cospeito e do século IV, "que foi importante culturalmente, con idas e vindas ao cristianismo e ao celtismo".

Os versos de Caldaloba en terras de Valverde está habitado por meigas, príncipes, castros e mouros. O poeta refire tamén "un pasadizo que é posible que exista entre a torre e o pazo da Caldaloba", e que no seu libro está recuberto de ouro.

Rábade Paredes: "É posible que entre torre e pazo de Caldaloba haxa...
comentarios