lunes. 18.10.2021 |
El tiempo
lunes. 18.10.2021
El tiempo

A RAG celebra o Día da Poesía cos versos de Salvador García-Bodaño

Salvador García Bodaño. RAG
Salvador García Bodaño. RAG

Poetas de distintas xeracións puxéronlle voz aos versos do homenaxeado e Miro Casabella recitounos, como leva décadas facendo, convertidos en cancións

A Real Academia Galega rendeu homenaxe ao poeta e académico Salvador García-Bodaño no Día da Poesía, cun recital no que escritores de distintas xeracións puxéronlles voz aos seus versos, con música a cargo de Miro Casabella. 

Na Coruña, baixo o título 'Horas de Compostela', a institución celebrou ao que, "como poucos, soubo erguer a voz e, en tempos ben miserables, facer do canto un refuxio liberador, autentificador". 

Así o definiu Arcadio López-Casanova, compañeiro da chamada xeración das Festas Minervais xurdida "naqueles anos escuros" de finais dos anos 50 e autor da laudatio coa que arrincou o acto. 

Poetas de distintas xeracións puxéronlle voz aos versos do homenaxeado e Miro Casabella recitounos, como leva décadas facendo, convertidos en cancións. 

O académico desenvolveu tamén desde moi novo un intenso activismo cultural, como membro fundador da Asociación Cultural O Galo

"É difícil separar a voz do poeta do territorio simbólico da cidade. O título desta celebración, homenaxe e festa da poesía, evoca inevitablemente o espazo que Salvador García-Bodaño habita desde a primeira infancia, a pesar de nacer á beira do mar, pois ao longo da súa vida aquí foi construído o seu canto, que é tamén a súa experiencia, memoria propia e memoria dos seus", destacou o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. 

"Compostela é a nación de Salvador, o espazo sentimental, emocional, histórico, sobre o que o poeta constrúe o seu discurso e constrúese a si mesmo, espello de Galicia enteira, fiestra que se abre ao mundo e nos universaliza", concluíu. 

A encargada de conducir a homenaxe foi o poeta e música Andrea Porto. A tarde avanzou entre os versos comentados para a ocasión por Doures Tembrás, Xulio López Valcárcel, Alba Cid, Baldo Ramos e os membros da RAG Xosé Luís Franco Grande, Margarita Ledo Andión, Helena Villar Janeiro, Darío Xohán Cabana, Marilar Aleixandre e a propia Luz Pozo Garza. 

Páxinas de 'Ao pé de cada hora', 'Tempo de Compostela', 'Obra poética', 'Pegadas no alcatrán', 'Cidade virtual, 'Cantos de ausencia e a achega de Salvador García-Bodaño a 'Poetas con Rosalía I' son unha mostra da evolución dunha das figuras máis destacadas da súa xeración. 

O acto achegouse ao seu final coa intervención do director da Sección de Literatura da RAG, Xesús Alonso Montero, cunha análise doutro poema de Salvador García-Bodaño dedicado a Rosalía de Castro. 

García-Bodaño (Teis, 1935) deuse a coñecer como membro da xeración das Festas Minervais en Santiago na década dos 50 e confirmouse como un dos poetas máis valiosos coa publicación do seu primeiro libre 'Ao pé de cada hora', no que conflúen xa o existencialismo e o galeguismo. 

En 1978 publicou o seu seguinte título 'Tempo de Compostela', merecedor do Premio da Crítica de Poesía Galega, coa cidade de Santiago como obxecto de atención poética. 

O académico desenvolveu tamén desde moi novo un intenso activismo cultural, como membro fundador da Asociación Cultural O Galo, do Instituto Galego dá Información, do PEN Club de Galicia e da Asociación de Escritores e Escritoras en Linga Galega. 

A RAG celebra o Día da Poesía cos versos de Salvador García-Bodaño
comentarios