A RAG solicita á Xunta apoio para manter a actividade científica da institución

Tamén se analizou a celebración en 2021 do centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán
Víctor F. Freixanes. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Víctor F. Freixanes. SALVADOR SAS (ARQUIVO)

A Real Academia Galega (RAG) solicitou á Xunta apoio orzamentario para manter a actividade científica da institución académica, segundo informa tras unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Nun encontro coa presenza tamén do secretario da Academia, Henrique Monteagudo, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ademais de abordar a declaración da biblioteca de Emilia Pardo Bazán como Ben de Interese Cultural (BIC), analizouse a celebración en 2021 do centenario do falecemento da autora e as actividades programadas.

Ambas as institucións analizaron tamén a colaboración en torno ao Portal da Toponimia e a posta en marcha do dicionario castelán-galego que a RAG espera presentar antes do 17 de maio do próximo ano. Na reunión, segundo informa a Xunta,

Feijóo agradeceu ao presidente da RAG o seu "espírito de colaboración" e garantiulle o mantemento do apoio do Goberno galego a esta institución, da que destacou o seu labor en distintos ámbitos para divulgar o galego.

Comentarios