Robert de Niro, rexuvenecido por computador para a próxima película de Scorsese

The Irishman​ publicou as primeiras imaxes do seu protagonista cunha aparencia varias décadas máis novo
De Niro, rejuvenecido por ordenador para la película THE IRISHMAN
photo_camera De Niro, rexuvenecido por computador para a película THE IRISHMAN

The Irishman, a próxima película de Martin Scorsese publicou este xoves as primeiras imaxes do seu protagonista Robert De Niro rexuvenecido por computador, un dos aspectos máis comentados da nova cinta do director, que chegará a Netflix a finais de novembro. Cun orzamento de máis de 140 millóns de dólares, a cinta será a produción máis custosa de Scorsese, en parte pola técnica que utilizou o equipo de postproducción para rexuvenecer os protagonistas mediante CGI (imaxes xeradas por computador).

Grazas a ese método, De Niro, de 76 anos, figura no filme cunha aparencia varias décadas máis nova e envellece ao longo da trama, tal e como demostraron as imaxes difundidas no perfil oficial de Twitter da película, coa mensaxe: "Moitas cousas poden pasar nunha vida".

Estréase este venres como a cinta inaugural da 57 edición do Festival de Nova York (EE UU), tras descartar a súa presentación nos festivais de Venecia e Toronto, en parte debido ao proceso de postproducción do filme, que foi moi extenso polo tratamento meticuloso das imaxes.

Algúns usuarios de redes sociais aplaudiron o resultado mentres que outros chancearon sobre se eran realmente escenas dunha película con actores ou dun videoxogo.

A cinta é a gran aposta ao Oscar de Netflix, polo que se estreará o 1 de novembro en cines "selectos" e chegará á plataforma o 27 do mesmo mes. Repetirase así a estratexia de Netflix con Roma, que tivo unha obrigatoria estrea en salas de cine para poder competir en festivais e chegar a ser nomeada a mellor película nos galardóns da Academia de Hollywood.

Comentarios