Rosa Cedrón manda unha mensaxe de ánimo a Sabela de 'OT'

A concursante defenderá na próxima gala un tema da artista monfortina

A cantante Rosa Cedrón ha mandando todo o seu apoio á concursante pontesa de Operación Triunfo, Sabela Ramil, que esta semana está nomeada e o mércores enfróntase á súa posible expulsión da academia.

Sabela elixiu unha canción da cantante monfortina —Benditas feridas— para defender na próxima gala e Cedrón decidiu gravar un vídeo para agradecerllo e darlle ánimos. 

"Sabeliña... Estou tremendamente emocionada e orgullosa de ti, non cho podes imaxinar", empeza a mensaxe de Rosa Cedrón, quen aproveitou para darlle algún consello á pontesa, de face á gala do mércores: "Sentir, gozar e nada máis. Non existe nada máis encima do escenario". "Ti sabes facelo moi ben, así que vaiche a por todas agarimo. Un bico enorme e ¡orgullo galego!", conclúe.

O vídeo, difundido nas redes sociais, inclúe imaxes de Sabela durante unha clase de interpretación na academia coa actriz Itzíar Castro, nas que se lle ve visiblemente emocionada. 

Aínda que na pasada edición de OT púidose escoitar a Miriam cantar un tema de Sés durante o seu tempo libre na academia, Benditas feridas será a primeira canción en galego que soe nunha gala do popular concurso de TVE. 

Comentarios