Sabela xa é finalista de 'OT 2018'

A pontesa foi a concursante máis votada polo público

Sabela Ramil, en 'OT'. RTVE
photo_camera Sabela Ramil, en 'OT'. RTVE

Sabela Ramil conseguiu este mércores unha praza na final de Operación Triunfo 2018 que se disputará a próxima semana.

A pontesa foi elixida polo público, xunto a Julia, tras clasificar o xurado previamente a Alba Reche. Sabela foi a concursante máis votada polos espectadores de OT, co 43% dos votos, fronte ao 37% de Julia e o 20% de Miki, que foi o expulsado da noite.

Sabela escolleu de novo unha canción en galego para defender na semifinal do concurso. Acompañada por música en directo, a das Pontes cantou Negro Caravel, de Rosa Cedrón e Cristina Pato. Unha sentida interpretación que lle valeu unha praza na final.

A galega competirá por gañar o concurso con Natalia, Famous —ambos os elixidos finalistas a semana pasada—, Alba Reche e Julia. A decisión, que queda en mans do público, coñecerase o vindeiro mércores, 19 de decembro.
 

Comentarios