Sabela canta a Guadi Galego en 'OT' para mostrar o seu rexeitamento á violencia de xénero

A pontesa colgou en Instagram un vídeo da súa interpretación do tema 'Matriarcas'

Sabela Ramil, en 'OT'. RTVE
photo_camera Sabela Ramil, en 'OT'. RTVE

A concursante galega de Operación Triunfo 2018, Sabela Ramil, mostrou o seu rexeitamento á violencia de xénero interpretando, dentro da academia, a canción Matriarcas, de Guadi Galego.

A pontesa publicou o vídeo nas redes sociais, onde traduciu ao castelán un anaco da letra da canción e explicou o que sentía ao cantala. "Matriarcas, un tema de Guadi Galego que me fai sentir preto da miña terra pero, sobre todo, preto de todas vós que hoxe estades a avanzar un paso máis e reivindicando a inxustiza social que supón a violencia de xénero", escribiu a concursante de OT no seu Instagram. 

 
 
 
 
<>
 
 
 
 
 
 
 
 
 

'Nós *aleitadoras (*o sentido literal sería que aleitamos, é r, que criamos vidas. Non a obrigación de criar senón a capacidade, obviamente...), nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá. E nós que resistimos a séculos de forza e nós as matriarcas dun país dun tal Breogán" 5N...No son mortes, son asasinatos.ð??? 25N.-Non son mortes, son asasinatosð??? "Matriarcas", un tema de Guadi Galego que me fai sentir preto da miña terra pero, sobre todo, preto de todas vós que hoxe estades a avanzar un paso máis e reivincando a inxustiza social que supón a 'olencia de xénero. "Somos aire e emoción, somos a revolución!!!!!!ð???ð???ð???ð???<>

Unha publicación compartida da Sabelasabela.ot2018)> o 26 Nov, 2018 ás 2:36 PST

Sabela acompañou o post cun reivindicativo "25-N. Non son mortes, son asasinatos" e tamén cun verso do himno desta edición de OT: "Somos aire e emoción, somos a revolución".

O vídeo, publicado este luns, supera xa as 65.500 reproducións.

É habitual que Sabela cante ou fale en galego dentro da academia. Na gala 2, xogouse a súa continuidade no programa co tema Benditas feridas, a semana pasada recoñeceu que botaba de menos falar no seu idioma natal e incluso ensinou aos seus compañeiros algunhas palabras e expresións en galego.


 

Comentarios