Sabina recibe a alta hospitalaria

O cantautor atopábase ingresado desde o pasado 12 de febreiro, cando sufriu unha caída durante un concerto
Sabina abandona o hospital Ruber Internacional. EUROPA PRESS
photo_camera Sabina abandona o hospital Ruber Internacional. EUROPA PRESS

O músico Joaquín Sabina recibiu a alta hospitalaria e xa se atopa na súa casa tras ser operado dun hematoma intracraneal causado pola a súa caída ao foso durante un concerto no WiZink Center en Madrid o 12 de febreiro.

O cantautor saíu da planta do hospital Ruber Internacional, onde se atopaba desde o 18 de febreiro, logo de permanecer seis días na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do hospital. 

Ademais do hematoma intracreneal polo que foi operado, Sabina sufriu lixeiras fracturas no ombreiro, polo que deberá manter repouso e necesitará rehabilitación. 

Comentarios