Sabina actuará na Coruña o 21 de abril

O cantautor anuncia seis novos concertos en España

Joaquín Sabina. AEP
photo_camera Joaquín Sabina. AEP

Joaquín Sabina regresará en abril ao noso país para continuar coa xira de presentación do seu disco Lo niego todo, que arrancou en México o pasado 14 de maio de 2017 e suma desde entón 55 concertos en España, Europa e Latinoamérica con más de 350.000 espectadores. 

O de Úbeda anunciou este o mércores a súa volta aos escenarios españoles con datas confirmadas na Coruña (21 de abril), Granada (12 de maio, Praza de Touros), Córdoba (19 de maio, Praza de Touros), Albacete (25 de maio, Praza de Touros), San Sebastián (2 de xuño, Donostia Arena Illumbe) e Madrid (16 de xuño, WiZink Center). 

As entradas para estas novas datas saen á venda o venres 26 de xaneiro ás 10 horas a través de jsabina.com e loniegotodo.com, excepto no caso da Coruña, cuxos detalles de venda se anunciarán próximamente, informa o comunicado remitido a Europa Press. 

Este próximo 30 de xaneiro inicia Sabina en Medellín unha nova etapa de 17 concertos en diferentes cidades de Colombia, Porto Rico, México, Guatemala, Nicaragua, Costa Rica, O Salvador, República Dominicana e Estados Unidos. Despois será momento de regresar a España. 
 

Comentarios