Serrat cancela o seu concerto deste sábado en Vigo 

O artista sofre unha larinxitis aguda

Joan Manuel Serrat. JAVIER LIZÓN (EFE)
photo_camera Joan Manuel Serrat. JAVIER LIZÓN (EFE)

O artista Joan Manuel Serrat cancelou por motivos médicos a actuación prevista para a noite deste sábado no parque de Castrelos de Vigo, segundo informou o Concello.

O cantante e compositor catalán actuou na noite do venres na Coruña. Este sábado acudiu a un centro médico, onde se lle diagnosticou unha larinxitis aguda e disfonía. 

O consistorio vigués que encabeza Abel Caballero informou que nos próximos días comunicarase a forma de devolución do prezo das entradas. Ademais, o concello asegura que tratará de acordar unha nova data para que Joan Manuel Serrat actúe en Castrelos. 

Comentarios