Sés actuará na segunda edición do CanteiraFest de Vilaboa

Un gran número de artistas pasarán polo escenario deste novidoso festival

Sés. AGN
photo_camera Sés. AGN

O Concello de Vilaboa prepárase un ano máis para recibir o CanteiraFest, coa recoñecida cantautora Sés como artista principal.

Sés é o nome artístico de María Xosé Silvar, que destaca polo emprego das súas cancións como manifesto de moi diversas causas sociais. Cunha ampla discografía, a artista xa percorreu as vilas de toda Galicia.

Ademais, o evento –que terá lugar os días 20 e 21 de setembro na Canteira de Paredes– tamén contará coa presenza de moitos outros artistas entre os que se atopan grupos como As Punkiereteiras, Os Meninos ou A banda da Loba.

A organización trata de achegar a xuventude a un ocio alternativo no rural

Aínda así, os organizadores aseguran non ter desvelada aínda toda a información sobre o festexo. "Aínda gardamos algún segredo", afirman nas súas redes sociais oficiais.

Con esta iniciativa e tras o éxito da celebración do pasado ano, a organización trata de achegar a xuventude a un ocio alternativo no rural.

canteirafest

Comentarios