Sting actuará este verán en Vigo

Será o 1 de agosto no Auditorio de Castrelos
O cantante británico Sting. EFE
photo_camera O cantante británico Sting. EFE

O compositor e cantante inglés Gordon Matthew Thomas Sumner, Sting, actuará no Auditorio de Castrelos, en Vigo, o próximo 1 de agosto, anunciou este mércores o alcalde da cidade, Abel Caballero.

O alcalde de Vigo xustificou a prema do anuncio nas esixencias do propio Sting, que quixo que se saiba con case oito meses de antelación.

"Vai ser unha actuación estelar, magnífica", dixo o alcalde, feliz de contar nas festas locais co que fose líder da banda The Police.

Sting atópase agora mesmo embarcado na súa xira 'Sting, the songs', da que Vigo se converteu nunha das súas paradas.

Os concertos das festas de Vigo son gratuítos e unha das principais atraccións estivais que ofrece a cidade. 

Comentarios