Tom Jones actuará o 23 de xullo en Vigo

A actuación do Tigre de Gales será no parque de Castrelos e as entradas oscilarán entre os 5 e os 10 euros

Tom Jones. EFE
photo_camera Tom Jones. EFE

O cantante galés Ton Jones actuará o próximo 23 de xullo no parque de Castrelos de Vigo, segundo anunciou este venres o alcalde, Abel Caballero.

A última vez que o Tigre de Gales actuou en Vigo foi en 1975 na discoteca Nueva Olimpia.

As entradas sairán á venda nos próximos días e os prezos oscilarán entre os 5 e 10 euros, segundo detallou Caballero, quen recordou que o concerto se poderá ver gratis fose da área de pago no auditorio de Castrelos.

Caballero indicou tamén que para o concerto de Tom Jones non haberá prioridade na venda de entradas para os empadroados en Vigo porque "non dá tempo para determinar quen está empadroado e quen non". 

Comentarios