Domingo. 24.06.2018 |
El tiempo
Domingo. 24.06.2018
El tiempo

Xerais confía en atopar unha solución "desde a liberdade de edición" para poder vender 'Fariña' en galego

Manuel Bragado. J. VÁZQUEZ (AEP)
Manuel Bragado. J. VÁZQUEZ (AEP)

O secuestro do libro afecta tamén á versión en Galego, cuxos dereitos ten a editorial que dirixe Bragado

Edicións Xerais de Galicia, titular dos dereitos en galego do libro Fariña de Nacho Carretero, acatará a decisión xudicial de paralizar esta edición, aínda que confía en que se alcance unha "solución desde a liberdade de edición" para o libro. 

Así o dixo o director de Xerais, Manuel Bragado, quen confirmou que a editorial está "atenta" a esta información e, a "tenor do establecido" pola xuíza de Collado Villalba, paralizarase a edición deste libro na súa versión en galego. 

O Xulgado número 7 de Collado Villalba executou o secuestro do libro Fariña, de Nacho Carretero, 11 días despois de que o exalcalde do Grove, Alfonso Bea Gondar, depositase unha caución de 10.000 euros para o cumprimento da medida cautelar, aceptada nun auto datado a 12 de febreiro. Esta medida, ademais do propio libro, afecta á edición en galego, que prepara Xerais. 

Sobre esta cuestión, Manuel Bragado adheriuse ás posicións da editorial de Fariña, Libros do KO, que xa no seu momento recorreu a medida cautelar de secuestro da obra. 

A maiores, e tras pedir respecto tamén para quen "se puideron sentir ofendidos", confiou en que esta cuestión "sexa solucionada desde a liberdade de edición" e que se poida "levantar a medida cautelar" para proceder á difusión do libro en galego, cuxa saída estaba prevista para as próximas semanas. 

Xerais confía en atopar unha solución "desde a liberdade de...