0-2. Galicia supera a Castilla La Mancha en Baltar e avista a seguinte fase

Os goles de Brais Abelenda no tramo inicial e de Josiño xa na recta final deron unha importante vitoria ao combinado galego
Imaxe do partido entre Castilla La Mancha e Galicia. CEDIDA
photo_camera Imaxe do partido entre Castilla La Mancha e Galicia. CEDIDA

A selección galega deu este venres un paso de xigante cara á seguinte fase da Copa das Rexións da Uefa logo de vencer a Castilla La Mancha (0-2) no primeiro partido do grupo, celebrado no campo de Baltar.

Os goles de Brais Abelenda no tramo inicial e de Josiño xa na recta final deron unha importante vitoria ao combinado galego que lle fai depender de si mesmo para certificar este sábado ante Ceuta (12.00 horas) no campo Salvador Otero, na Illa de Arousa, a clasificación para a fase intermedia.

A igualdade mandaba no xogo, aínda que non no marcador. Un tanto de Brais Abelenda no minuto 8 permitiu a Galicia chegar ao descanso con vantaxe. Mantívose a mesma tónica no segundo tempo ata que Galicia sentenciou o choque, xa ao final.
 

FICHA TÉCNICA:
0.- Castilla La Mancha: Manolo, Cifu, Ricardo, Víctor, Fuentes, Borja Cabanillas, Gonchi, Ricard (Héctor Rubio, m.46), Chabo (Mondi, m.71), David e Birlo (Álex Pérez, m.80).
2.- Galicia: Cortegoso, Javi Varela, Iago López, Abel, Aarón Rama, Diego (Josiño, m.60), Uzal, Lamelas, Carlos López (Samu, m.53), Brais Abelenda (Marquitos, m.84) e Adri Castro.
Goles: 0-1, m.8: Brais Abelenda. 0-2, m.82: Josiño.
Árbitro: Gonzalo Villanueva Carballo (Comité Galego) Sen amoestacións.
Incidencias: Campo de Baltar (Portonovo). 340 espectadores.

Comentarios