3-0. España gaña a Suecia e achégase á Eurocopa

Con esta vitoria, o equipo de Luis Enrique lidera o grupo F con pleno de puntos

Sergio Ramos celebra con Isco o primeiro gol de España ante Suecia. RODRIGO JIMÉNEZ (EFE)
photo_camera Sergio Ramos celebra con Isco o primeiro gol de España ante Suecia. RODRIGO JIMÉNEZ (EFE)

Un par de goles de penalti obra de Sergio Ramos e Dani Parejo, e un tanto de Mikel Oyazabal, deron a vitoria a España sobre Suecia (3-0) e achegárona á próxima Eurocopa que se disputará en 2020

Os tantos da selección española chegaron na segunda parte. Despois do empate sen goles dos primeiros 45 minutos, as dianas de Ramos, Parejo e Oyarzabal nos minutos 64, 84 e 87, respectivamente, deron tres puntos moi importantes a España.

Con esta vitoria, o equipo de Luís Enrique lidera o grupo F con pleno de puntos. Suma doce en catro partidos, cinco máis que Suecia, segunda clasificada empatada con Romanía a sete puntos. 

Comentarios