Abidal mostra unha foto co seu curmán tras o transplante de fígado

O actual secretario técnico do Barcelona pide respecto ao seu familiar "Gerard" e defende a súa "honorabilidade"

Eric Abidal y su primo Gerard. TWITTER
photo_camera Eric Abidal e o seu primo Gerard. TWITTER

O actual secretario técnico do Barcelona, o francés Eric Abidal, publicou unha fotografía na súa conta de Instagram xunto ao seu curmán, tras o transplante de fígado que levou a cabo no 2012, el como receptor e o seu familiar como doante.

"Coa publicación desta imaxe quero pedir respecto cara ao meu curmán Gerard e defender a súa honorabilidade. Denuncio publicamente a actitude dalgúns medios que seguen pondo en dúbida a legalidade dunha intervención que me salvou a vida. ¡Xa abonda! Pido respecto para todos os que pasamos ou están a pasar por unha situación similar", sinala o exxogador do Barça na súa conta.

Nunha información publicada este mércores por El Confidencial desvélase que nas escoitas policiais ás que foi sometido o expresidente barcelonista Sandro Rosell no marco da investigación sobre branqueo, ouvíaselle falar cun tal "Juanjo" que comentaba co expresidente azulgrana que lle compraron un "fígado ilegal" a Abidal, cando este recaeu do cancro, para que lle fose trasplantado en abril de 2012.

Abidal foi sometido o 10 de abril de 2012 a un transplante de fígado dun doante vivo, que desde o primeiro momento o club e o xogador aseguraron que se trataba do seu curmán, no Hospital Clínic de Barcelona.

Na instantánea que aparece en Instagram vese a Abidal tendido na cama, e ao seu primo xunto a el nunha cadeira, vestido cun camisón branco e con intravenosas en ambos os brazos.

Comentarios